Bases reguladoras
Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300A).
Entidades beneficiarias
- As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas para os únicos efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos artigos 3.1.b) e 4.1.d) das bases reguladoras e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
- As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Obxecto
A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Importe
Destínanse 2.250.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.781.1.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 10 de febreiro de 2023.
Enlaces a bases e extracto
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230209/AnuncioV0653-180123-0005_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230209/AnuncioV0653-180123-0006_gl.pdf