Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas 2023

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

  • As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
  • As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, das actividades recollidas na alínea a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

Obxecto

Concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.

Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

Contía

1. A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Para axudas de más de 100.000,00 € limítase a axuda segundo o aforro enerxético xustificado segundo a seguinte táboa. Para estes efectos da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP, utilizarase a epígrafe específica para esta tipoloxía de proxectos:

Tipoloxía beneficiarioAxuda máxima en función do aforro enerxético
Pequena empresa– Se AEF < 80 MWh/ano: AM =100.000
– Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250
Mediana empresa– Se AEF < 100 MWh/ano: AM =100.000
– Se AEF ≥ 100 MWh/ano: AM = AEF × 1.000
Gran empresa Se AEF < 150 MWh/ano: AM =100.000
– Se AEF ≥ 150 MWh/ano: AM = AEF × 675
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP)– Se AEF < 80 MWh/ano: AM =100.000
– Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250

Onde:

  • AEF = aforro enerxético anual de enerxía final en MWh/ano.
  • AM = axuda máxima por expediente en función da tipoloxía de beneficiario e o aforro enerxético en euros.

2. No caso de proxectos do sector industrial cun investimento igual ou superior a 100.000,00 € e rateos de aforro iguales ou superiores a 0,81 kWh/€ de inversión a axuda estará limitada a un máximo do 25 % da inversión. Para estes efectos, considérase sector industrial aquelas actividades do CNAE 2009 (Real decreto 475/2007) das divisións 07 a 39.

3. Establécese unha axuda máxima por expediente de 1.000.000,00 €.

4. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará 10 de maio de 2023 ás 9.00 horas e finalizará o 15 de setembro de 2023.

As solicitudes presentaranse na páxina web do Inega accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado.

Ligazóns a bases e extracto

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioG0474-200423-0002_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioG0474-200423-0001_gl.pdf

Ficha resumo

Deixa un comentario