Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, e que estean a desenvolver actividades de promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local.
Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2022 de axentes de emprego e unidades de apoio (código de procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.
Bases reguladoras
Poden consultarse as bases completas na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230928/AnuncioG0656-190923-0001_gl.pdf
Importe
Para a concesión destas axudas destínase 1.175.000,00 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a contar desde o día 29 de setembro de 2023. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.