Programa #DescubreGaliciaenOutono – Bonos turísticos

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto

O obxecto é a concesión de axudas do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos.

Bases reguladoras

As bases reguladoras deste programa de axudas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231020/AnuncioG0256-171023-0002_gl.pdf

Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito de 1.000.000 €. O orzamento poderase incrementar en función da evolución do programa #DescubreGaliciaenOutono a través de bonos turísticos, condicionado á dispoñibilidade de crédito para facelo. En caso de ampliación, notificarase a través de publicación no DOG, e informarase axeitadamente dentro da nosa páxina web nesta mesma publicación.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 100 € para gastos de aloxamento realizados nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes adheridos. Aplicarase como un desconto do 40 % do gasto realizado ata un máximo de desconto de 100 €.

Adhesión de establecementos

Os establecementos de aloxamento turístico e as axencias de viaxes que desexen adherirse ao programa #DescubreGaliciaenOutono a través de bonos turísticos deberán rexistrarse na web www.bonoturismo.gal.

O prazo para adherirse ao programa será desde as 9.00 horas do día 20 de outubro ata o 1 de decembro de 2023.

Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonoturismo.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023, e a súa validez extenderase ata o 25 de decembro de 2023.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario