Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias da liña Galicia Exporta empresas as empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:
- a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
- b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.
- c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
- d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais. Así mesmo, preténdese incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
Bases reguladoras
As bases completas destas axudas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231023/AnuncioO92-101023-0003_gl.pdf
Importe
O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria é de 2.500.000 € para o ano 2023.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 24 de octubre de 2023 e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.