Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:
a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro), ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.
Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) As federacións e as asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos ocupados na praza de abastos. Para estes efectos, contarán como unha unidade os postos ocupados polo/a mesmo/a praceiro/a.
As federacións e as asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
c) As cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
A concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.
Bases reguladoras
As bases reguladoras completas da orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250228/AnuncioG0767-180225-0001_gl.html
Importe
Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 3.307.400,00 € que será imputado da seguinte forma:
a) Concellos:
Destinarase un crédito total de 3.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.761.3 e código de proxecto 2015 00275, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025 e 2026, de acordo coa seguinte distribución:
| Anualidade | Importe |
|---|---|
| 2025 | 1.600.000,00 € |
| 2026 | 1.400.000,00 € |
| Total | 3.000.000,00 € |
b) Federacións, asociacións de prazas de abastos e mercados e cooperativas de vendedores/as de prazas de abastos:
Destinarase un crédito total de 307.400,00 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.781.1 e 14.06.751A.770.1, e código de proxecto 2015 00254 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, do seguinte xeito:
| Entidade | Aplicación | Importe |
|---|---|---|
| Federaciones de asociacións de prazas de abastos | 14.06.751A.781.1 | 40.000,00 € |
| Asociacións de prazas de abastos | 245.000,00 € | |
| Cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos | 14.06.751A.770.1 | 22.400,00 € |
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde as 9.00 horas do día 12 de marzo de 2025.
Ligazóns de interese
- Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250228/AnuncioG0767-180225-0001_gl.html
- Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250228/AnuncioG0767-180225-0002_gl.html
AMPLIACIÓN PERÍODO SUBVENCIONABLE E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN (29 de outubro de 2025)
Consideraranse subvencionables as actuacións previstas nos artigos 4, 5 e 6 destas bases reguladoras, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas nos seguintes períodos subvencionables:
Concellos:
- Anualidade de 2025: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 5 de decembro de 2025.
- Anualidade de 2026: desde o 6 de decembro de 2025 ata o 13 de novembro de 2026.
O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, na forma sinalada no artigo 8 da convocatoria, da documentación xustificativa da realización do investimento obxecto de subvención, segundo o modelo do anexo V, sendo a data límite de xustificación:
Concellos:
- Ata o 5 de decembro de 2025 para a contía da subvención concedida con cargo á anualidade de 2025.
- Ata o 13 de novembro de 2026 para a contía da subvención concedida con cargo á anualidade de 2026.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251029/AnuncioG0767-221025-0004_gl.html