Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local – 2026

Persoas beneficiarias

As agrupacións permanentes de comerciantes, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia e plena capacidade, legalmente constituídas baixo calquera forma xurídica, cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia a nivel municipal e desenvolvan proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Obxecto

A dinamización do comercio local.

Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente na convocatoria.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260212/AnuncioG0767-230126-0006_gl.html

Importe

Destínase un crédito de 2.500.000,00 euros financiado con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.481.01 por un importe de 2.500.000,00 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde as 9.00 horas do 13 de febreiro do 2026.

O último día de presentación de solicitudes rematará ás 20.00 horas.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario