Bases subvencións en especie para comercio boirense – programa modernización centro comercial Aberto.
O Concello de Boiro no marco do programa “Modernización centro comercial aberto do concello de Boiro”
vai levar a cabo actuacións e servizos destinadas ao comercio boirense considerándose xurídicamente como subvencións ou axudas “en especie”. Entre estas atópanse os seguintes programas:
- Servizo posicionamiento SEO.
- Servizo de entrega de bolsas reciclables.
- Servizo de entrega de envases compostables para a entrega de alimentos a clientes.
- Servizo de entrega de outros elementos reciclables.
- Servizo bono-transporte.
- Xornadas de formación en marketing dixital.
- Servizos de uso de equipamentos: de bonos, vales descuento ou análogos; utilización taquilla automatizada de pedidos; puntos de recargo de vehículos eléctricos.
O prazo de presentación de solicitude será de 10 días naturais a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial
da Provincia (BOP), feito a día 15 de Setembro de 2022.
Pode atoparse toda a información na seguinte ligazón.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/09/15/2022_0000005702.pdf