Subvencións para a renovación de electrodomésticos 2023

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0474-131222-0002_gl.pdf

Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0474-131222-0001_gl.pdf

Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C)

Beneficiarios

  • Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal
  • Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes

Obxecto

  • Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2022.
  • Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexos II).
  • Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2023 que se xuntan a esta resolución como anexos IV a VI.
  • Publicar o convenio de colaboración para a xestión das axudas para a renovación de electrodomésticos, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).
  • Convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos. As solicitudes de axuda presentaranse en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta resolución de convocatoria e resolveranse por orde de entrada da solicitude no rexistro e ata o esgotamento do crédito, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Contía

O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 3.000.000,00 euros.

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres
electrodomésticos por beneficiario.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Prazo de presentación de solicitudes

  • As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo formulario normalizado anexo IV desta resolución (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0474-131222-0002_es.pdf), xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
  • As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https:// sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
  • O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comeza o 1 de xaneiro de 2023 e finalizará o 30 de xuño de 2023 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
  • O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de febreiro de 2023 ás 9.00 h (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2023 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

Deixa un comentario