Subvencións para gastos de funcionamento de sociedades laborais e outras para o ano 2023

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Bases reguladoras

Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

Entidades beneficiarias

  • As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuacións previstas no programa I.
  • As asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, para as actuacións previstas no programa II.

Obxecto e finalidade

Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades representativas da economía social de Galicia, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción.

Contía

O orzamento total ascende a trescentos trinta mil euros (330.000,00 €) e a distribución de créditos por programas é a seguinte:

  • Programa I: 230.000,00 €.
  • Programa II: 100.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda é dun mes, contado a partir do día 24 de xaneiro de 2023.

Outros datos

Para os dous programas, unha vez concedida a subvención e agás oposición expresa da entidade interesada, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 90 % do importe da subvención.

Ligazóns a bases e extracto

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230123/AnuncioG0656-301222-0001_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230123/AnuncioG0656-301222-0002_gl.pdf

Deixa un comentario