De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023 (código de procedemento IN417Z).
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

Os requisitos para obteren a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos con actividade económica no campo do comercio, hostalaría, artístico-recreativo e outros servizos, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
Financiamento
As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2023 e imputaranse á aplicación orzamentaria 05.A3.733A.774.0. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 4.200.000,00 euros.
Contía da axuda
- A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
- Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.
- O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 20.000 euros para empresas do sector agrícola.
- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Forma e prazo de presentación de solicitudes
- As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
- O prazo de presentación das solicitudes comeza o día 25 de xaneiro de 2023 e rematará o 29 de xuño de 2023.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 2 de outubro de 2023.
Enlaces a bases e extracto
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0474-201222-0009_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0474-201222-0008_gl.pdf
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ACTUACIÓNS E XUSTIFICACIÓN (25 de setembro de 2023)
Amplíase o prazo das actuacións subvencionables, que agora inclúe aquelas realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 23 de outubro de 2023.
Así mesmo, amplíase o prazo de presentación da documentación xustificativa ata o 23 de outubro de 2023.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230925/AnuncioG0474-190923-0001_gl.pdf