De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Bases reguladoras
Orde do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349Z).
Organismos Intermedios beneficiarios sen ánimo de lucro
Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os organismos intermedios sen ánimo de lucro que se atopen inscritos no correspondente rexistro e dispoñan de centro de traballo en Galicia, entendendo por organismos intermedios sen ánimo de lucro os seguintes:
- Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico.
- Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
- Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas.
- Clústeres empresariais.
- Asociacións de persoas autónomas.
Obxecto
Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de accións de fomento do emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación durante nove meses de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Requisitos dos servizos
- Que sexan prestados polos organismos intermedios beneficiarios en réxime de administración directa.
- Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos en tarefas relacionadas co fin do organismo intermedio sexa, como mínimo, de 9 meses e a xornada a tempo completo.
- Que o organismo intermedio beneficiario dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo dos gastos non subvencionables ao abeiro desta orde.
Importe
Para a concesión desta axuda destínanse catro millóns douscentos corenta e catro mil douscentos cinco euros (4.244.205 €).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, comezando o día 28 de xaneiro de 2023.
Ligazóns a bases e extracto
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230127/AnuncioG0656-040123-0004_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230127/AnuncioG0656-040123-0005_gl.pdf
CORRECCIÓN DE ERROS
Realizáronse diversas correccións de erros sobre o texto inicial da orde. As correccións poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231011/AnuncioG0656-031023-0002_gl.pdf