Beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49, salvo no caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que poderán superar o dito número.
Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases reguladoras
As bases reguladoras completas poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240206/AnuncioG0656-170124-0005_gl.pdf
Importe
Para a concesión destas axudas destínase un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €), de acordo coa seguinte distribución:
- Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade: catrocentos mil euros (250.000,00 €).
- Liña II. Conciliación: un millón cincuenta mil euros (1.050.000 €).
- Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo: cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).
- Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: setecentos mil euros (700.000, 00 €).
- Subliña 3. Investimentos: douscentos mil euros (200.000,00 €).
- Liña III. Certificacións RSE: cen mil euros (100.000 €).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día 7 de febreiro de 2024.
Enlaces de interés
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240206/AnuncioG0656-170124-0005_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240206/AnuncioG0656-170124-0007_gl.pdf