Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento – 2024

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A).

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e da súa competitividade e, en definitiva, manter empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

Persoas, entidades beneficiarias e requisitos

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego, previstos no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2022, de conformidade co establecido no artigo 1.

1. As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  • b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • c) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
  • d) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2022 e a data de presentación da solicitude.
  • e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
  • f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
  • g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
  • h) No caso das persoas mutualistas, especificamente deberán presentar, ademais da documentación a que se refire o artigo 11, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio de actividade, e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta na dita mutualidade, de ser o caso.

2. Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtivesen resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30.9.2022) e da Orde do 28 de xuño de 2023 (DOG núm. 127, do 5.7.2023).

Importe

Para a concesión destas axudas destínanse seis millóns cincocentos mil euros (6.500.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar o 12 de febreiro de 2024 e estará aberto ata o 28 de xuño de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Ligazóns de interese

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240205/AnuncioG0656-160124-0003_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240205/AnuncioG0656-160124-0004_gl.pdf

Deixa un comentario